Presentación
Esta bitácora, debido á miña situación laboral, será para realizar probas e practicar con vista a unha futura aplicación docente.
Aquí tratarei de familiarizarme coas ferramentas da Web 2.0 mentres estou en situación de substituta. Isto, visto así, é unha vantaxe, pois antes de presentar unha actividade nunha aula, agardo ter algo de experiencia.
De tódolos xeitos, a miña especialidade é Intervención Sociocomunitaria, e sobre esta materia versarán os intentos de mergullarme nestas procelosas augas que realice.


Comentarios»
Aínda non hai comentarios